As mochilas xa están listas. Que podedes atopar nelas?Pois moitas cousas: libros en galego, libros en castelán, libros e revistas para pais/nais, DVD, CD - ROM, CD de Música, material sobre o pazo de Oca (que é o proxecto deste ano) e ata un xogo popular ... pero sobre todo SOÑOS, MOITOS SOÑOS para compartir EN FAMILIA. Esperamos que gocedes desta actividade e que enchades as follas do caderno da mochila coas vosas impresións e suxestións.
MIROLEO DESÉXAVOS: BOAS LECTURAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario