cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta 8 de Marzo; Día Internacional da Muller;. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8 de Marzo; Día Internacional da Muller;. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de marzo de 2026

VISITA DE EXPERTAS NO DÍA DA MULLER: FUNDACIÓN RENAL ESPAÑOLA

 Dentro das actividades programadas para conmemorar O DÍA DA MULLER, tivemos unha visita moi especial: a mamá de Lía e Ara xunto coa súa compañeira do servizo de diálise de Lalín explicáronlle ao alumnado o funcionamento renal así como a importancia dos hábitos saudables para previr doenzas futuras.



 Entregáronlle  ao alumnado de Ed. Primaria un libro elaborado pola Fundación Renal Española  titulado RENATA A MIÑA NEGRÓLOGA . Trátase dun libro ilustrado coa finalidade de que coñezan mais sobre a enfermidade e cómo previla


Ademais o alumnado de 6º elaborou un tríptico sobre hábitos saudables e a importancia de coidarnos que tamén se enviou ás familias.


 Podedes ver mais fotos no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoca/galeria/thumbnails.php?album=50


Moitas grazas pola vosa visita!!!




CONMEMORAMOS O DÍA DA MULLER

 O pasado 8 de Marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Para conmemorar esta data, dende o centro realizamos varias actividades:

- En Educación Infantil traballamos sobre o conto ORELLAS DE BOLBORETA: aprendendo sobre a tolerancia, a empatía e aprender a aceptarnos como somos.

 

-O alumnado de Educación Primaria elaborarou un mural  con frases sobre a igualdade entre homes e mulleres


 


Tamén quixemos preguntarlles ás nosas nenas que querían ser de maiores, e inculcarlles que son VALENTES, FORTES E MOI CAPACES  de ser todo o que se propoñan💜💜!!!



O alumnado de 4º e 6º elaboraron un mural sobre mulleres importante en diferentes ámbitos.



Esta información está recollida nun libro interactivo que podedes ler a partir deste enlace: 👉 https://heyzine.com/flip-book/34a9ed46d7.html

Para coñecer máis sobre estas magníficas mulleres, podedes visionar os seguintes vídeos: