cartas de amor

viernes, 8 de mayo de 2026

CELEBRAMOS O MES DO LIBRO

Como ben sabedes, Abril é un mes moi especial, é o mes do Libro! E para celebralo, dende a nosa biblioteca, realizáronse moitísimas actividades!Contámosvos!!

Como todos os meses, o noso mural expositor, encheuse de recomendacións de Miroleo, agardando ser lidas!




Ademais, durante este mes, moitos compañeiros/as compartiron contos e historias creados por eles mesmos. O alumnado creou historias de todo tipo: terroríficas, cómicas, de aventuras... Algunhas delas tan interesantes e intrigantes, que estamos agardando pola segunda parte. 





A maiores, o alumnado de quinto de Ed. Primaria, leron o seu conto colectivo titulado "El dragón José Luis". 




Tamén, recibimos a visita de Rosa de Cabanas, ilustradora do libro "A Festa das Palabras". Esta artista fixo un percorrido por toda a súa obra, analizándoas xunto co alumnado. Animando a todos os cativos/as a seguir debuxando!


Por outra parte, os peques de Ed. Infantil, crearon marcapáxinas, ao igual que os compañeiros/as de 1º e 2º de Ed. Primaria, quenes ademais fixeron un mural no que se recollen os seus contos favoritos

                                                             



E por último, gravamos un podcast, con motivo desta celebración. Deixámosvos algunhas imaxes do proceso de gravación!




Animámosvos a escoitalo! Agardamos que vos guste!


miércoles, 6 de mayo de 2026

EQUIPO CORRESPONSABLES: INCLUSIÓN EDUCATIVA

Hoxe dimos por finalizado o proxecto "Equipo Corresponsables", un proxecto levado a cabo pola asociación Anacos, de A Estrada, que se baseou na inclusión educativa.

Dito proxecto consistiu na realización de distintos talleres ao longo de varias semanas, tanto co alumnado de Ed. Infantil como Primaria, destinados a mellorar a convivencia escolar e o benestar emocional, incorporando a corresponsabilidade e a igualdade.






Despois das diferentes actividades e reflexións levadas a cabo nos talleres, todo o alumnado participou nun podcast, abordando dita temática. Animámosvos a escoitalo!
Para facelo, só tedes que clicar sobre a imaxe!