Para comezar, no recreo bailamos o "WAKA WAKA" de Shakira, esta actividade forma parte da "ESTRADA INCLUSIVA", un grupo de traballo que se está desenvolvendo de forma conxunta en todos os colexios públicos da Estrada.
E despois subimos ás aulas para unha película relacionada co proxecto da Biblioteca e Normalización:
Enredados
Pola tarde baixamos á entrada do colexio e os nenos/as de 2º curso fixeron unha obra moi entretenida "Os sete cabaleiros de cores" ...
Despois comezamos a construir unha muralla ao redor do noso castelo con todas aquelas palabras e imaxes que non relacionamos coa paz, así agora cando pasamos por alí, podemos ler: ESFORZO, COMPAÑERISMO, COMPARTIR, PERDOAR, COMPRENDER, BIQUIÑOS, APERTAS, AMOR ... e moitas outras palabras que sen dúbiba van protexer moi ben ao noso castelo!!!
E a continuación cantamos a canción "ABRE A MURALLA"
QUE VIVA A PAZ!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario