cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 22 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015









Adiantádonos ao 17 de maio, celebramos este venres o DÍAS DAS LETRAS GALEGAS na Biblioteca do cole.
Os nenos e nenas de Educación Infnatil recitaron as poesías que escribiron dentro do seu proxecto de poesía.... sen dúbida que aquí sairá algún poeta ou poetisa!

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso representaron unha dramatización sobre o libro " O valente coello que quixo soñar".

Os nenos e nenas de 3º e 4º recitaron unhas coplas sobre a vida e obra de Filqueira Valverde e cantaron unha canción.

Os nenos de 5º e 6º agallasáronnos cunha muiñeira!!!


4 comentarios:

  1. Q ben o pasamos,e q ben o fixeron os de educacion infantil,q memoria para ser tan pequerrechos e acordarlle a sua rima.

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida de aquí sairá algún poeta ou poetisa!!!! E nós diremos con orgullo que os seus primeiros versos os recitaron na Biblioteca das palabras máxicas!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Mágoa non estar aí convosco.
    Quen sabe se no próximo curso? ;)

    Fonda aperta!!
    e grazas por espallar a poesía e achegarvos ao noso traballo.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas Miguel Ángel polo teu comentario!!! Aquí estamos comezando novo curso e con moitas ganas de seguir espallando a nosa poesía e a nosa arte!!! Saúdos

    ResponderEliminar