Hoxe celebramos no colexio o Día de Rosalía de Castro, muller pioneira e muller que contou moito, e sobre todo contou en galego.
O alumnado de infantil fixo unha actividade que lle chamamos POEMA EN ROSA, que consistiu en elaborar unhas rosas cun poema de Rosalía de Castro.
Despois na biblioteca celebramos o acto central, onde elaboramos unha presentación e o alumnado de 3º e 4º fixeron unha cronoloxía da vida e obra rosaliana
Nesta presentación fixemos alusión a algunhas mulleres que foron pioneiras no seu tempo, como por exemplo a primeira condutora de camión, a primeira almirante ou mulleres tan coñecidas como María Pita ou as Marías de Santiago de Compostela.
Tamén vos deixamos a presentación onde explicamos en que consiste o noso proxecto sobre MULLERES PIONEIRAS e MULLERES QUE CONTARON
Por último o alumnado de 6º de Educación Primaria cantáronnos un rap co coñecido poema "Adiós ríos adiós fontes"
No hay comentarios:
Publicar un comentario