cartas de amor

lunes, 4 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O pasado xoves conmemoramos no noso centro o día da paz. Ao longo de toda a semana o Equipo de Normalización fixo unha adaptación do conto o homiño de papel e transformouno no conto A MULLERIÑA DE PAPEL en homenaxe ó noso proxecto Mulleres que contaron.
Pola tarde todos xuntos fixemos unha pomba da paz e cantamos a canción" CANTAROLA DOS NENOS" cunha letra extraída do libro Cantarolas de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas



 E por último como levamos facendo varios anos, repartimos as mochilas viaxeiras que os titores prepararon con moito agarimo para o alumnado. E estes foron os alumnos e alumnas e inauguraron as mochilas viaxeiras deste curso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario