Prezadas familias, co inicio do 2º trimestre damos por comezo o proxecto de centro deste curso.
A temática elexida foi: “ OS CAMIÑOS QUE CONTAN” (2º
parte)-O CAMIÑO MIÑOTO RIBEIRO.
O camiño Miñoto-Ribeiro, unha antiga ruta de peregrinación que enlazaba o Norte de Portugal a Santiago de Compostela.
A ruta discorre na nosa comunidade polos concellos de: Lobios, Entrimo, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, A Arnoia, Ribadavia, Beade, Leiro, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada( O NOSO CONCELLO), Vedra (LIMÍTROFE CONNOSCO) e Santiago de Compostela.
O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos devanceiros que enlazaban o norte de Portugal con Compostela, sendo por natureza, eixe dinamizador dunha contorna, da nosa contorna. O programa “Camiño Miñoto Ribeiro” (CMR) nace para dar continuidade ao labor emprendido polo CEIP Plurilingüe de Oca durante o curso 2020-2021 arredor do Camiño de Santiago e da Vía da Prata. Con este programa, deseñado para o curso 2021-2022, amais preténdese relacionar o “fenómeno xacobeo” cos elementos da identidade miñota: historia, natureza, termalismo e viño.
Coa colaboración de Rubén, de Patrimonia de Vedra, o alumnado de 3º, 4 e 6º tivo hoxe a primeira sesión. O luns será a quenda do alumnado de Infantil, 1º e 2º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario