O pasado martes, día 24, co motivo do Día das Bibliotecas Escolares, inauguramos a biblio do centro para este curso, dando comezo ás múltiples e diversas actividades que se levarán a cabo dende este enriquecedor espazo.
Nesta xornada, os colaboradores, os alumnos e alumnas de Sexto de Ed. Primaria, presentáronse ó resto de compañeiros e compañeiras, explicándolles cales ían ser as súas funcións dentro da biblioteca. Así, o alumnado poderá facer empréstitos, devolucións, pescudas de exemplares... coa axuda dos maiores do cole.
Ademais, os colaboradores aproveitaron esta ocasión para convidar ó resto do centro a ver a súa obra "As fechorías da bruxa Catuxa". Trátase dunha obra representada con títeres, escrita e interpretada por eles mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario