Este martes celebramos O Samaín no cole, desfrutando dunha xornada repleta de actividades.
Para comezar o día, o alumnado de sexto, elaborou unha receita do máis terrorífica, Piruletas de Frankenstein, un postre tan doce como horripilante.
Continuamos o día cunha magnífica actuación de Anxo García, membro de Viravolta Títeres, desfrutando de contos representados por simpáticas marionetas. Deste divertido espectáculo puideron ser participes tanto o alumnado como as familias que nos acompañaron.
Ó rematar dita actuación, como non podía ser doutro xeito neste día, houbo unha degustación de castañas acompañadas de chocolate e rosca, realmente delicioso!
Por último e xa para poñer fin á xornada, o alumnado puido ver a película de animación Coco, proxectada na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario