cartas de amor

martes, 21 de mayo de 2024

DINAMIZA TV

O pasado xoves, 16 de maio e durante a xornada de hoxe, Paula Cereixo e Lucas Terceiro, acudiron ao noso centro co fin de gravar un programa audiovisual.

Dito programa contará con varias sesións como a presentación dun xogo tradicional, neste caso a mariola, unha recomendación lectora, unha entrevista, entre outras. A persoa elixida para a  entrevista, foi a actriz Carmen Méndez. A continuación, podedes ver unha imaxe dos nosos presentadores e presentadoras durante o encontro coa intérprete. 

Na gravación de dito proxecto audiovisual, os alumnos e alumnas de cuarto, quinto e sexto de Ed. Primaria, tiveron un papel moi activo, ó ser os encargados tanto da redacción, guión como produción. Ademais formaron o equipo técnico (dirección, cámara, son e iluminación) e artístico (presentadores/as). Así, repartidos en grupos e guiados por Paula e Lucas, encargáronse de darlle forma a todo o programa.

Proximamente poderemos desfrutar da emisión do mesmo a través da canle de Youtube do concello de A Estrada. Agardamos expectantes!

                       









No hay comentarios:

Publicar un comentario