cartas de amor

jueves, 23 de mayo de 2024

FESTA DAS PALABRAS

Onte celebramos a novena edición da FESTA DAS PALABRAS cun acto no que a nosa lingua foi a protagonista, coa entrega dos premios  do XI Concurso de Micropoemas e Microrrelatos.

Este ano os autores e autoras tiveron que incluír a palabra música nos microrrelatos e a de silencio nos micropoemas e que foron elixidas por formar parte dos títulos das obras de Luísa Villalta a quen se homenaxea nestas Letras Galegas.

O padriño literario deste ano é o escritor, investigador e profesor estradense, Carlos Loureiro Rodríguez. Dende a súa faceta de ensaísta e investigador conta con obras como Manuel García Barros, obra e pensamento (2021) ou o seu Dicionario de escritores de Tabeirós-Terra de Montes (2004). Como editor destacan as súas publicacións de obras de Varela Buxán, Losada Diéguez ou Manuel García Barros.

No acto non faltou tampouco a música, da man de Lucía Azurmendi, que actuou  acompañada do seu grupo.


 








 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario