cartas de amor

martes, 15 de octubre de 2024

MIROLEO RECOMENDA

Comezan as recomendacións mensuais de Miroleo!!!!

Este mes e, debido a celebración do Samaín, as recomendacións serán do máis terroríficas. Iso si... estade atentos/as, pois cada semana irán variando, polo que atoparedes novos exemplares. 

Agardámoste!!!

miércoles, 9 de octubre de 2024

ACTIVIDADE O BOSQUE ATLÁNTICO

 O alumnado de 6ºde Ed. Primaira  gozou ás primeiras horas da mañá do 25 de setembro dun obradoido chamado "Bosque Atlántico". Constou de dúas actividades: unha primeira na que se presentaron 25 árbores autóctonas con mostras de follas, froitos, flores, sementes ou cortizas; e unha segunda na que xogaron por equipos nun taboleiro xigante, similar ó xogo da oca, pero con casiñas que conteñen ilustracións das árbores, follas, etc., traballadas previamente. O fin da actividade é dar a coñecer as árbores autóctonas e a súa importancia para o equilibrio ecolóxico, os animais que nelas habitan, e coñecer as especies forestais foráneas e os seus riscos; co fin último de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da conservación e da recuperación do bosque atlántico.

 







jueves, 3 de octubre de 2024

VISITANOS DAVID ARCAY

Esta semana recibimos a visita de David Arcay, cinco veces campión mundial de pesca con mosca. 

A través dunha charla interesantísima, este deportista, recordounos a importancia de coidar do medioambiente, facendo fincapé nos ríos e mares. Ademais, achegounos a un tema descoñecido para moitos e moitas, a pesca sostible. David explicounos como disfrutar dos ríos causando o menor dano aos cauces e aos peixes, sempre dende a captura e solta. Ademais, tivemos a oportunidade de recoñecer especies autóctonas e invasoras que habitan nos nosos ríos.

Por último, puidemos disfrutar dunha exhibición de lances con caña.