cartas de amor

lunes, 2 de febrero de 2015

QUE BOA NOVA!!


Recibimos no centro unha doación de libros de parte de XOSÉ NEIRA VILAS ... con moito agarimo terémolos na nosa Biblioteca a disposición de todos /as os nosos rapaces e rapazas!!! E tan grande regalo merece un agradecemento!!! Así que dende aquí, as nosas GRAZAS por todas esas historias que nos fan chegar a través destes magníficos contos ...








E .... shhhhhhh ... me gardades un secreto? Contoume un paxariño que os nenos/as de Infantil andan escribindo unha carta para XOSÉ NEIRA VILAS para agradecerlle o regalo!!!! Se me entero de máis xa vos irei contando!!!!!





PROXECTO: A ÁRBORE QUE POETIZA (POESÍA EN EDUCACIÓN INFANTIL)

Os nenos /as de Infantil están levando a cabo un fermoso proxecto titulado " A árbore que poetiza", onde traballan a poesía de poetas e poetisas galegos. Tamén teñen unha caixa ... "a caixa das palabras descoñecidas", e nela gardan todas as palabras que van aparecendo nos poemas que son novas para eles e así, amplían o seu vocabulario. Ademais en cada aula hai unha árbore da poesía, chea de versos e poetas/poetisas. E por se isto fóra pouco, tamén teñen unha caixa dos bicos, onde se gardan bicos tan xeitosos como un bico de mel, ou un bico de chocolate ...

Pero mellor que o conten eles/elas mesmos, non vos parece?







Tivemos a visita de Xosé Luna e Rosalía Morlán, que lles ensinaron a facer moita poesía!!!











... E asinaron no noso libro de visitas da Biblioteca das palabras máxicas



E ti, anímaste a ser un poeta?


viernes, 30 de enero de 2015

NADAL 2014

Cun pouco de retraso ...  xa temos aquí a recompilación de fotos sobre o Nadal.
Espero que vos guste!!!!








miércoles, 7 de enero de 2015

GUÍA COAS RECOMENDACIÓN LECTORAS

Aquí tedes, como todos os anos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL, como ven sendo costume nesta época, elaboramos un "minilibro " de consellos sobre a lectura.
Como o 2015 será o ano da LUZ ... e o tema do noso proxecto ... pois nada mellor que unha ideas a modo de bombilla para ILUMINAR AS VOSAS LECTURAS!!! QUE VOS PARECE???'

APROVEITAMOS TAMÉN PARA DESEXARVOS UNHAS FESTAS ... CHEAS DE LUZ!!!!!



domingo, 28 de diciembre de 2014

SAÍDA AO TEATRO

Ciclo 'Otoño en el Principal 2014': 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas'

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ASISTIRON Á OBRA "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS" QUE SE REPRESENTOU DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE DECEMBRO NO TEATRO PRINCIPAL


jueves, 27 de noviembre de 2014

CAIXA DA LUZ

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DA PROFE MARIELA XA TEÑEN NA SÚA AULA A CAIXA DE LUZ!!!!!!

É moi divertida porque pechan as persianas  e acenden unha caixa que lles permite desenvolver a súa creatividade, traballar a lóxica-matemática e a lectoescritura.

Teñen unha grande variedade de materiais como plumas, pedras de cores, números e letras de xel, cordóns, vasiños, globos, papeis transparentes, palliñas  e moitos máis.

Con ela fan seriacións, clasificacións, correspondencias,  traballan os números, as letras, compoñen palabras, e fan as súas propias creacións artísticas.







jueves, 20 de noviembre de 2014

SAÍDA Á CORUÑA

NO MES DE NOVEMBRO, O MES DA CIENCIA EN GALEGO ... FOMOS DE EXCURSIÓN Á CIDADE DE A CORUÑA PARA VISITAR A CASA DAS CIENCIAS, VER A TORRE DE HÉRCULES E VISITAR TAMÉN O ACUARIO!!!

AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS !!!!





A CORUÑA