A semana pasada visitounos Begoña, mamá de Hugo para contarnos un fermoso conto chamado CARABUÑAS.
Moitas grazas familia!!!
A semana pasada visitounos Begoña, mamá de Hugo para contarnos un fermoso conto chamado CARABUÑAS.
Moitas grazas familia!!!
Onte visitounos Ángeles, a mamá de Galván. Sentou no noso
sofá para contarnos un fermoso conto titulado SETE DENTES DE LEÓN.
Moitísimas grazas familia!!!
A lectura é un dos aspectos máis importantes no proceso de aprendizaxe, e por iso hoxe o alumnado realizou unha actividade de parellas compartidas cos cativos e cativas do colexio.
Os alumnos e alumnas previamente escolleron e traballaron un conto para contarlles aos pequechiños co cole. Durante o momento lector creouse un clima maravilloso onde o benestar de todos os nenos e nenas foi palpable, favorecendo así unha maior interacción social entre eles así como a mellorar habilidades lingüísticas.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que momento máis fermoso!😍
Estimadas familias, dende a biblioteca das palabras máxicas imos dar comezo a un novo proxecto: CONTOS DE SOFÁ, destinado ao alumnado de infantil.
Para esta actividade precisaremos a colaboración de toda a comunidade
educativa: mestres, familias... , e consistirá en vir a contar un conto
na nosa biblioteca de centro. Pode ser calquer conto tendo en conto o
seu valor literario-lingüístico e pedagóxico para o noso alumnado
Como vedes xa temos o sofá preparado, mesmo un libro de visitas para que nos deixedes as vosas impresións
Agardamos que participedes con moita ilusión neste proxecto!!!
Onte, o músico José Manuel López "Josele", veu ao noso centro para amosarnos e explicarnos os instrumentos que se empregan na música tradicional.
Ademais Josele, músico nado en Vedra, é o primeiro titulado da historia no Máster en Interpretación Musical no itinerario de Gaita, outorgado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.
A titulación deste recoñecido intérprete supón un fito histórico nos estudos académicos de gaita e supoñen a equidade da gaita con respecto a outros instrumentos cunha longa traxectoria académica, revertendo así nunha maior profesionalización dos seus intérpretes.
Ao longo destas semanas participaremos nun proxecto e-Twinning con outros países.
Aquí podedes ver as actividades que imos facendo.
https://www.canva.com/design/DAGf7YSQrno/8B0aPyy3Z_chnAL2nYt6rA/edit