cartas de amor

viernes, 4 de noviembre de 2011

SAMAÍN E MAGOSTO

Este ano celebramos o Magosto e o Samaín xuntos. Durante esa semana a Biblioteca das palabras máxicas foise enchendo de pantasmas ... algunhas delas apareceron lendo algúns dos nosos libros ... estarían buscando novos trucos para asustar aos nenos e nenas do cole ... ou polo contrario estarían buscando solucións para que os nenos e nenas deixaran de terlles medo??? Ti que pensas??

Ademais, para festexar este día os nenos de 3º ciclo contáronnos un conto de medo titulado "A BRUXA MARUXA" ... a verdade é que daba bastante medo pero ao mesmo tempo pasámolo moi ben e rimos moito coas súas cancións e bailes!!NORABOA RAPACES/AS!!!
Aquí podedes ver os nenos/as que participaron xusto despois da súa actuación ... e agasalláronnos con caramelos para endulzar o noso medo!





Despois saímos ao patio para comer as castañas e celebrar así o magosto!!! E como sempre o noso castañeiro foi ANTONIO.








Para rematar rememoramos xogos tradicionais de roda.





PASÁMOLO MOI BEN!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario