Como xa sabedes, queridos lectores, o día 23 de abril os libros están de ANIVERSARIO
para celebralo imos facer moitas actividades.
* REDACCIÓN CREATIVA:
Cada un de vos virá buscar á BIBLIOTECA un sobre coas súas 10 palabras. Con elas terá que crear o conto
ou poema máis orixinal que se lle ocurra.
*CÓNTAME UN CONTO:
Na entrada da Biblioteca tendes as parellas que vos tocaron para contar un conto. Lembrade que os
"contadores" teñen que vir á biblioteca para seleccionar a súa lectura e preparala con tempo para así ser
uns bos lectores de historias.
Na porta da entrada da BIBLIOTECA tendes a lista, consultade quen é a vosa parella!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario