Recibimos aos nenos de 1º CICLO na Biblioteca.
Alí estaban esperando por eles un montón de gotiñas de auga, azules e vermellas ...
Cada vez que falábamos de algo que se pode facer na biblioteca levantabamos a gota azul...
... e cando escoitabamos algo que non estaba ben, levantábamos a vermella.
Despois axudámoslle a MIROLEO a colocar os libros que estaban mal colocados ... algún trasno
debeu pasar pola Biblioteca das palabras máxicas este verán porque Miroleo é moi ordenadiño e gústalle
ter os libros moi ben colocados.
E para rematar, levamos o "caderno de lectura" para ler en familia os nosos contos. No caderno os papás/mamás escribirán os seus comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario