O día 30 de novembro, festexamos o HALLOWEEN e o MAGOSTO.
Nese día fixemos moitas cousas.
Pola mañá, na biblioteca tivemos unha sesión de "CURTAS DE MEDO" onde puidemos ver " "The kingdom of witches" e despois asistir á enigmática historia de Vincent, creada por Tim Burton.
Pola tarde, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo disfrazáronse de momias, pantasmas, bruxas ... e foron polas aulas facendo o "TRICK OR TREAT" ... foi moi divertido, aínda que algún pequeno, levou un susto!!!!
A continuación, fomos para o patio e fixemos xogos relacionados con castañas. Despois comemos as CASTAÑAS que ANTONIO preparou.
Tamén viñeron as familias e ademais de degustar este froito típico do outono, tamén puideron asistir á EXPOSICIÓN DE CABAZAS que tiñamos na entrada do colexio.
AS FAMILIAS tamén visitaron a EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO, A EXPOSICIÓN DE CONTOS DE MEDO e a DECORACIÓN que fixemos polos corredores!!!
E ATA SAÍMOS NO XORNAL
http://www.catrogatos.com/2012/11/o-ceip-de-oca-celebra-o-seu-samain-e-magosto/
FOI UN DÍA QUE DEU PARA MOITO!!!!
http://www.catrogatos.com/2012/11/o-ceip-de-oca-celebra-o-seu-samain-e-magosto/
FOI UN DÍA QUE DEU PARA MOITO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario