cartas de amor

martes, 8 de octubre de 2013

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES DE OUTONO




 


Chega o outono. Tempo de cabazas, castañas, millo, landras... e outros moitos froitos típicos desta época do ano.
Este curso académico decidimos facer unha ampla exposición de manualidades feitas con estes froitos. Pedimos a colaboración das familias para que axudedes aos vosos fill@s a elaboralas e a crealas. Aquí podedes ver algúns exemplos, podedes mesturar varios froitos!




E aquí tedes unha foto dalgunhas das manualidades que se fixeron na exposición do cole no curso 2010-2011

As creacións poderanse ir traendo ao cole a partir do luns día 21 de outubro para ir poñendo na exposición.


NOTA: Ademáis, os nenos e nenas poderán traer as castañas para o Magosto a partir do luns día 28 de outubro (cun anaquiño xa cortado)


No hay comentarios:

Publicar un comentario