O Equipo de Dinamización da lingua do CEIP de Oca, convoca o "I Concurso de microrrelatos e micropoemas Centros da Estrada". Organizado polos centros educativos do concello.
BASES:
- Sección de MICRORRELATOS: O texto presentado debe ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
- Sección de MICROPOEMAS: O texto presentado debe ser en galego e constar dun mínimo de dous versos e máximo de oito en Primaria.
- Poderase participar nunha Sección ou nas dúas, pero cada participante só poderá enviar un texto por sección.
- A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente a palabra ... soño
- Os traballos poderán entregarse en formato A4 con nome, apelidos e curso nos respectivos centros educativos.
- O prazo límite para enviar os textos será o 9 de abril.
CATEGORÍAS:
A: Educación Primaria
- A1: 1º CICLO
- A2: 2º CICLO
- A3: 3º CICLO
C: Bacharelato
PREMIOS:
Un xurado formado por un membro dos ENDL dos diferentes centros, concedrá un premio por categoría e centro. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a calidade lingüística e literaria.
Os traballos preimados aparecerán nas páxinas webs e blogues dos centros e nas revistas escolares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario