Estimadas familias, dende a biblioteca das palabras máxicas imos dar comezo a un novo proxecto: CONTOS DE SOFÁ, destinado ao alumnado de infantil e 2º de primaria.
Para este proxecto precisaremos a colaboración de toda a comunidade educativa: mestres, familias... , e consistirá en vir a contar un conto na nosa biblioteca de centro. Pode ser calquer conto tendo en conto o seu valor literario-lingüístico e pedagóxico para o noso alumnado
Como vedes xa temos o sofá preparado, mesmo un libro de visitas para que nos deixedes as vosas impresións
Agardamos que participedes con moita ilusión neste proxecto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario