cartas de amor

lunes, 26 de noviembre de 2018

OCA EN CONTRA A VIOLENCIA

"Gandhi demostró que la no violencia puede cambiar la historia. Dejémonos inspirar por su coraje y convicción al continuar nuestra labor en pro de la paz, el desarrollo sostenible y los derechos humanos para todos los pueblos del mundo".António Guterres, Secretario General de las Naciones Unidas

Onte conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

O alumnado de 5 e 6º fixeron unha rosa con frases alusivas a esta lacra e como podemos poñer cada un de nós o noso gran de area.
Hoxe no colexio fixemos un pequeno acto simbólico onde o profe Marcos nos explicou o porque desta conmemoración e falamos como dende a escola ou dende a casa podemos colaborar para que non existan desigualdades de xénero nos nosos ámbitos mais próximos
Tamén fixemos unhas mans e colocamos uns crespóns negros para simbolizar a nosa repulsa cara a violencia
Dende Oca queremos que o noso alumnado sexa consciente de que coa axuda de cada un de nós podemos e estamos a tempo de cambiar a cultura do medo, da desigualdade e que podemos ser capacer de transformarnos nunha cultura de igualdade, de diálogo e de reconciliación, en resumo nunha cultura da paz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario