Hoxe para celebrar o DÍA DA POESÍA visitounos Xosé Luna: mestre, escritor e activista cultural do noso concello.
Presentounos o seu novo libro adicado a Avelina Valladares, que, con motivo do bicentenario da poeta estradense,a editorial Galaxia publicou recentemente toda a poesía da Cantora do Ulla , a Obra poética. Avelina Valladares Núñez.
Xosé é un gran divulgador sobre a figura de Avelina Valladares e ensinoulles moitas curiosidades como que foi pioneira da literatura galega e destacou como unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión para a prensa e pioneira tamén en empregar o galego nos seus poemas.
Para o noso alumnado, Xosé Luna é un dos escritores de referencia, xa que ao longo do curso adoitan ler as súas obras e mesmo empregan os seus poemas para as diferentes conmemoracións do colexio.
Tamén o alumnado recitou os seus poemas que elaboraron para a XIII edición de MICROPOEMAS E MICRORELATOS.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!













No hay comentarios:
Publicar un comentario