cartas de amor

viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Na xornada de onte conmemoramos o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
Foron varias as actividades que levamos ao longo de todo o día.
Primeiro tivemos dúas actuacións:
-o alunmado de infantil 1º e 2º cantaron a canción "Apertas que voan".
-o alunmado de 4º, 5º e 6º cantaron o "Rock da paz".
Despois o alumnado de 5º e 6º fixeron unha representación teatral adaptado ao galego do conto "O PEIXE ARCOIRIS" Ao longo de toda a semana estiveron decorando o corredor, mirade que bonito quedou!


Tamén aproveitamos para a presentación DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: MULLERES PIONEIRAS ACTUAIS.
Despois da primeira fase de búsqueda de información, repartimos o traballo por cursos e cada curso ten unha muller pioneira actual para estudar.

Tamén aproveitamos para  comezar coas MOCHILAS VIAXEIRAS, unha actividade moi agardada polo noso alumnado. En hora boa aos primeiros alumnos e alumnas que levan a mochila ao longo desta semana


 Por último   todos os curso fixemos unha carreira solidaria a favor de ASPAMITE





No hay comentarios:

Publicar un comentario