Como cada ano celébrase en novembro o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas para promover o uso do galego no ámbito científico e investigador a través das bibliotecas escolares e públicas.
O xoves 26 de novembro, o alumnado de 5º de Primaria preparou uns experimentos para compartir no recreo co resto de alumnado do colexio.
En primeiro lugar o alumnado amosou o experimento do ovo e o vinagre. Unhas horas despois de ter o ovo somerxido, a cáscara disólvese e queda cunha textura que permite que poida rebotar un chisco.
Empregando lacasitos e auga quente explicáronlle ao máis pequenos como a cobertura de azucre e colorante se disolve na aula e a cor avanza cara o medio do prato, formando un arco da vella sen mesturarse de inmediato.
Por último, fixeron fincapé na hixiene de mans antes de manipular alimentos que se vaian inxerir, xa que de non facelo de xeito correcto o que se consegue e transferir microorganismos coma bacterias, virus ou espora de mofo e suciedade das mans ao alimento. Para exemplificalo empregaron uns anacos de pan, un alimento que se come a diario no colexio.
Cantas cousas aprendemos na biblioteca escolar! 📖📚












No hay comentarios:
Publicar un comentario