cartas de amor

jueves, 1 de febrero de 2024

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Como ben sabedes, o pasado martes 30 de xaneiro, celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Para celebrar dita conmemoración, o noso alumnado preparou varias actividades.

Por unha banda, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, encargouse da elaboración dunha presentación do máis completa sobre este día, abordando diversas cuestións: por que se celebra este día, símbolos da paz, persoaxes que recibiron o Premio Nobel, entre outras moitas.



Por outra parte, os alumnos e alumnas de 3º e 4 º representaron a obra “Todo é un conto”, obra que transmite unha mensaxe moi axeitada para dito día.







Para rematar, todos os nenos e nenas do cole interpretaron a canción “EPO E TAI TAI E”





No hay comentarios:

Publicar un comentario