Hoxe o MECO DE OCA mandounos vir disfrazados e así de simpáticos fomos ir ó cine A Estrada.
Despois fomos ó parque a xogar e pasar unha xornada divertidísima
Hoxe o MECO DE OCA mandounos vir disfrazados e así de simpáticos fomos ir ó cine A Estrada.
Despois fomos ó parque a xogar e pasar unha xornada divertidísima
E seguindo as ORDES DO MECO...PARA REMATAR A SEMANA, UNHA GRAN FOLIADA!!! E vaia se fixemos unha gran foliada: fixemos un desfile acompañados duns grandes músicos, despois os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º bailaron a Muiñeira Sinxela e despois todos os nenos/as cantaron O PIRIMPIMPÍN.
Pero tamén quixemos poñer ás familias a bailar e fixemos un bingo musical
E para rematar a foliada, unha gran merenda con postres de entroido
Como ben sabedes, o pasado venres, 23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar dita celebración, dende o centro, realizáronse varias actividades.
O alumnado de 5º realizou unha exposición da vida e obra de Rosalía.
Para rematar, queremos ensinarvos o videoclip publicado polo Concello da Estrada no que rinde homenaxe á matriarca das nosas Letras. Desta volta, quixeron facelo a través do pincel do artista multidisciplinar Cayetano Lledó, dunha fermosa elexía de Federico García Lorca escrita para a poeta padronesa un 29 de marzo de 1919 e coa cálida voz de Sheila Carbia. O talento do director estradense Lucas Terceiro foi quen de abrollar este fermoso caravel audiovisual que arrecende a melancolía, tristeza e solidariedade cos que máis sofren.
Animámosvos a velo!
Pintor: Cayetano Lledó
Recitadora: Sheila Carbia
Directora de Produción: Paula Cereixo
Director: Lucas Terceiro
Hoxe estreamos no noso patio unha nova zona con columpios, tobogáns e un escalador, ata nos veu visitar Amalia Goldar concelleira de Educación do Concello da Estrada para non perderse a "inauguración" do noso patio.
Mirade que ringleiras para estrear os xogos