cartas de amor

jueves, 20 de febrero de 2025

RADIOCA

Este curso escolar, retomamos unha aventura que comezaramos o ano pasado, RadiOca.

Como o seu propio nome di, trátase dun programa de radio, no que intervén todo o alumnado do centro. Os presentadores e presentadoras deste formato son os alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria, participando nas diferentes seccións todo o alumnado do centro. Algunhas das seccións coas que conta este espazo son as seguintes: novidades, deportes, recomendacións lectoras, tema de actualidade, recomendacións cinematográficas, espazo musical, entre outras.

A realización deste programa require dunha planificación e investigación previa á gravación do mesmo. Así, como da presenza de diferentes técnicos que aseguren a súa correcta execución; conseguindo que os nenos e nenas desenvolvan diferentes competencias.

A continuación, amosámosvos algunha das imaxes do alumnado durante a preparación e  gravación do mesmo. 










Este primeiro programa contou cun concurso e como agradecemento, os participantes,  recibiron unha chapa, deseñada e elaborada polos seus propios compañeiros/as.




Sen máis, deixámosvos o primeiro programa para que o escoites, só tedes que clicar sobre a imaxe!!! 

Agardamos que vos guste!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario