Como ben sabedes, o pasado venres, 23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar dita celebración, dende o centro, realizáronse varias actividades.
O alumnado de 5º realizou unha exposición da vida e obra de Rosalía.
Tamén demos a coñecer os finalistas do concurso de Micropoemas e Microrrelatos. Queremos dar a noraboa a todos os participantes!
Para rematar, queremos ensinarvos o videoclip publicado polo Concello da Estrada no que rinde homenaxe á matriarca das nosas Letras. Desta volta, quixeron facelo a través do pincel do artista multidisciplinar Cayetano Lledó, dunha fermosa elexía de Federico García Lorca escrita para a poeta padronesa un 29 de marzo de 1919 e coa cálida voz de Sheila Carbia. O talento do director estradense Lucas Terceiro foi quen de abrollar este fermoso caravel audiovisual que arrecende a melancolía, tristeza e solidariedade cos que máis sofren.
Animámosvos a velo!
Pintor: Cayetano Lledó
Recitadora: Sheila Carbia
Directora de Produción: Paula Cereixo
Director: Lucas Terceiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario