cartas de amor

lunes, 10 de marzo de 2025

8 M: DIA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado 8 de Marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Para conmemorar esta data, dende o centro realizamos varias actividades.

- Todo o alumnado do centro enviou unha mensaxe a mulleres importantes e referentes na súa vida a través dun vídeo. As receptoras só tiñan que escanear un qr para recibir dita mensaxe. Estamos seguras de que todas quedaron encantadas coa mesma!!




- Por outra parte, o alumnado de 6º de Educación Primaria, preparou un vídeo no que amosaba por que se celebra este día ademais de presentar a mulleres importantes en diferentes ámbitos ao longo da historia.

Este vídeo foi presentado a todo o alumnado de Primaria na biblioteca. Animámosvos a velo!


Despois da súa proxección realizamos un kahoot por parellas.


                                         

                                          

Xa para rematar e agradecer a súa participación tanto no vídeo como no concurso, procedemos a entrega de chapas. Estas chapas foron elaboradas tamén polo alumnado.







No hay comentarios:

Publicar un comentario