cartas de amor

jueves, 7 de marzo de 2019

O entroido galego: os peliqueiros de Castro de Laza

O pasado venres o profe Marcos de 6º tróuxonos un sorpresa á biblioteca, ensinounos o seu TRAXE DE PELIQUEIRO.

O entroido galego é un entroido con moita historia, e o pasado venres trasladámonos ata a historia dos peliqueiros de Castro que non é igual que os peliqueiros de Laza, aínda que son veciños.



Aquí podedes ver o enlace que trata dun documental feito polo programa Alalá da TVG, onde se vai contando a historia de cómo se recuperaron estes traxes que son feitos na súa totalidade de xeito artesanal
https://www.youtube.com/watch?v=NiR0-rN_tuI

Logo puidemos ver de primeira man as diferentes partes do  peliqueiro, e a maneira de ir poñendo as diferentes e delicadas partes deste traxe.




No hay comentarios:

Publicar un comentario