Como ben sabedes, Abril é un mes moi especial, é o mes do Libro! E para celebralo, dende a nosa biblioteca, realizáronse moitísimas actividades!Contámosvos!!
Como todos os meses, o noso mural expositor, encheuse de recomendacións de Miroleo, agardando ser lidas!
Ademais, durante este mes, moitos compañeiros/as compartiron contos e historias creados por eles mesmos. O alumnado creou historias de todo tipo: terroríficas, cómicas, de aventuras... Algunhas delas tan interesantes e intrigantes, que estamos agardando pola segunda parte.
A maiores, o alumnado de quinto de Ed. Primaria, leron o seu conto colectivo titulado "El dragón José Luis".
Tamén, recibimos a visita de Rosa de Cabanas, ilustradora do libro "A Festa das Palabras". Esta artista fixo un percorrido por toda a súa obra, analizándoas xunto co alumnado. Animando a todos os cativos/as a seguir debuxando!
Por outra parte, os peques de Ed. Infantil, crearon marcapáxinas, ao igual que os compañeiros/as de 1º e 2º de Ed. Primaria, quenes ademais fixeron un mural no que se recollen os seus contos favoritos.
E por último, gravamos un podcast, con motivo desta celebración. Deixámosvos algunhas imaxes do proceso de gravación!
Animámosvos a escoitalo! Agardamos que vos guste!



.jpg)



.jpg)










No hay comentarios:
Publicar un comentario