En colaboración co EDLG do CMUS Profesional de Coruña e os CEIP da Estrada, o noso alumnado achegouse á tradición dos cantares de cego. O música Pancho Álvarez coa colaboración de Abraham Cupeiro, achegounos a unha das tradicións orais mais importantes de Galicia a través do seu disco "Florencio, o cego dos Vilares"
Mestres de música dos Ceip participantes musicalizaron unha estrofa coa colaboración de todo o alumnado que amenizaron a sesión.
Na 1º parte do concerto Abraham Cupeiro explicou a orixe dos instrumentos de vento, e tamén un dos mais importantes da nosa contorna que é a corna.
Na 2º parte Pancho Álvarez explicou os instrumentos do Pórtico da Gloria como son o organistrum, a arpa ou a cítara entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario