O galego é a fórmula foi o lema da 19 edición do Correlingua que tivo lugar onte na Estrada. Quíxose centrar a atención na necesidade de que o galego esté presente en todas as materias do ensino e tamén no ámbito científico.
Os nenos e nenas de 3º, 4º e 6º curso do colexio acudiron á Estrada e levaron unha pancarta que simbolizaba a implicación do noso colexio na dinamización da lingua galega e tamén o alumnado levou unha pegatina na camiseta co nome das palabras que mais lle gustaban en galego.
Despois de facer un percorrido pola vila, os nenos e nenas de todos os centros, participaron nunha festa onde leron os manifestos en prol da lingua galega. O fin de festa rematou coa solta de globos por parte de todos os centros e a entrega dun diploma para o centro pola participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario