Hoxe dimos por finalizado o proxecto "Equipo Corresponsables", un proxecto levado a cabo pola asociación Anacos, de A Estrada, que se baseou na inclusión educativa.
Dito proxecto consistiu na realización de distintos talleres ao longo de varias semanas, tanto co alumnado de Ed. Infantil como Primaria, destinados a mellorar a convivencia escolar e o benestar emocional, incorporando a corresponsabilidade e a igualdade.
Despois das diferentes actividades e reflexións levadas a cabo nos talleres, todo o alumnado participou nun podcast, abordando dita temática. Animámosvos a escoitalo!
Para facelo, só tedes que clicar sobre a imaxe!




.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario