No Teatro Principal da Estrada celebrouse unha nova edición do concurso de microrrelatos e micropoemas que cada curso académico promoven desde Dinamizaestrada. Nesta Festa das Palabras houbo entrega de recoñecemos aos sesenta textos escollidos, que conforman un libro no que tamén hai ilustracións feitas polos nenos. Unha iniciativa en torno ás Letras Galegas no que exerceu de padriño literario Xosé Lueiro, e música con Gloria Pavía e Rafa Morales.
Nesta décimo terceira edición participaron arredor de 200 finalistas, dos que 60 resultaron premiados entre Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. O certame, centrado na creación de micropoemas e microrrelatos, pretende fomentar o uso do galego e reforzar o compromiso coa lingua entre a comunidade escolar, un dos piares fundamentais do proxecto.








No hay comentarios:
Publicar un comentario