Durante esta xornada tivemos a gran sorte de contar no centro coa visita da actriz Cristina Collazo. Cristina acudiu ó colexio para impartir un taller de radio, pero como ben sabedes, a radio esixe dunhas prácticas previas á gravación, para que o resultado sexa o mellor posible.
Deste xeito, durante o día de hoxe, Cristina ensinounos exercicios e técnicas de quentamento vocal e corporal, de respiración, concentración e improvisación. Todo a partir de xogos divertidísimos, cos que o alumnado desfrutou enormemente.
Unha vez feito isto, puidemos comezar a preparar os contidos e a programación de dito programa de radio, cuxa gravación se levará a cabo na próxima visita.
Estamos desexando que chegue ese día!
Para finalizar, amosámosvos algunhas fotos das actividades levadas a cabo. Para velas todas só tedes que clicar aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario