cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 27 de enero de 2011

TODO COMEZOU ... CUN SORRISO!!

 Unha frase :"A PAZ COMEZA CUN SORRISO"
e un conto...

CADEA DE SORRISOS

A profesora aquel día propuxera un novo reto ao seus alumnos: a ledicia, e non fixera  en plan desafío de récord. Nomeounos "RECADADORES DE LEDICIA", para ver que sel les ocurría con tal de provocar a ledicia dos que lles rodeaban. E, ainda que  todos fixeron cousas realmente encantadoras, aquela vez Carla Simpatías deixou a todos coa boca aberta.
Algúns días despois do encargo da profesora, Carla apareceu cargando un grande saco.
- Aquí traio toda a ledicia que recadei nestes días -dixo sonrindo.
Todos estaban expectantes, pero a nena non quixo mostrar o contido do saco. En vez diso, sacou unha pequena caixa, tomou unha cámara de fotos instantánea e  e entregou a caixa á maestra.
- Ábrea, profesora.
A profesora abriu a caixa despacio e mirou no seu interior, e un grande sonriso dibuxouse no seu rostro; nese momento, Carla  fixo una fotografía. Despois entregoulle a foto e un papel.
A maestra leu o papel en silencio, e cando rematou, sinalou con xesto de sorpresa o grande saco.
-Así que iso é...
- Si! -interrumpiu a nena, desfacendo o nó que pechaba o saco- un grande montón de sonrisos!
E do saco caeron centos de fotos, todas elas de variadas e bonitos sonrisos.
O resto da clase adicárono a explicar como a Carla se lle ocurrira iniciar unha cadea para alegrar un pouquiño ás persoas: na caixa sólo había unha foto cunh grande sonriso, e todos, ao abrila, sentían a ledicia que transmitía e respondían á sua vez cunh sonriso, case sen querer. Carla sacáballes unha foto co seu propio sonriso, e entregáballes un papeliño onde lles pedía que fixeran o mesmo con outras persoas, e enviaran unha copia das fotografías ao enderezo da súa casa.
E durante aqueles días e meses, o buzón de Carla non deixou de encherse das fotos dos sonrisos de tanta xente agradecida, axudando a todos a comprender que o simple feito de sorrír xa é un agasallo para todo o mundo.
                                                  (recollido de http://www.cuentosparadormir.com/)
Aquí podedes ver ao alumnado de Primeiro Ciclo a punto de ver a caixa de Carla Simpatías ... caras de sorpresa e expectación ao principio para convertirse ao final ... NUN SORRISO!!! Podedes ver o antes e o despois de abrir a caixa.



















Pero aquí non acaba todo,durante a semana da paz os nenos e nenas baixaron á biblioteca para fotografarse sorrindo e así construir entre todos a nosa propia CADEA DE SORRISOS, ademais traian unha frase do que significaba para eles sorrir ... Por agora non vos podo contar máis porque .... SHHHHH ... é un segredo ... mañá vinde á BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS e descubriredes máis .... MOITAS PALABRAS SORRINTES ESTANVOS AGARDANDO.

Queredes un adianto? Pois ide aclarando as gorxas que mañá cantaremosNA BIBLIOTECA esa canción que practicamos na clase de Música.



1 comentario: