cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN 0CA 2018



Estamos emocionadísimos coa chegada do Samaín e deixámosvos aquí un pequeno vídeo para dicirvos que mañá esperámosvos a tod@s no noso magosto...


 e como non podía faltar a música neste día, acompañaranos Paco Nogueiras

lunes, 29 de octubre de 2018

SAMAÍN EN OCA!!! DECORACIÓN DO COLEXIO, CONCURSO DE DEBUXOS DE SAMAÍN, INTERCAMBIO DE POSTAIS E EXPOSICIÓN DOS FROITOS DE OUTONO

No colexio de Oca xa nos puxemos mans a obra coa decoración de Samaín e senón nos credes.... mirade as nosas portas:
                                             Aquí están as portas de Infantil:

E as portas de primaria:



Tamén preparamos NA BIBLIOTECA preparamos un concurso de debuxo e mirade que debuxos tan terroríficos fixo o noso alumnado. O mércores 31 faremos un pequeno acto para facerlle entrega dun diploma de participación e duns premios!!

Tamén todo o alumnado participou nun intercambio de postais de Samaín co CEIP PÉREZ VIONDI DA ESTRADA, estas foron as nosas postais:


Estas son as maravillosas postais que nos fixeron os nenos do PÉREZ VIONDI DA ESTRADA, moitísimas gracias


E por último e non menos importante, a FANTÁSTICA EXPOSICIÓN de  froitos de outono que nos fixeron as familias!!!!SODES UNS ARTISTAS!!!!  





jueves, 25 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Onte día 24 de Outubro celebrouse o día das bibliotecas escolares. Atopámonos inmersos no proxecto da biblioteca MULLERES QUE CONTARON, e para iso os colaboradores fixeron unha pequena exposición sobre AS MULLERES QUE CONTARON....POESÍA!!!
Durante o recreo do martes estiveron traballando arreo para prepararnos esta fermosa exposición:


O equipo de biblioteca elaborou un cartaz para conmemorar este día, no que propuxemos unhas recomendacións sobre libros de poesía para o noso alumnado:


A hora de lectura de onte foi un pouco mais especial que a cotío, xa que dende os pequerrechos ata os mais maiores tiveron entre as súas mans libros de poesías, aquí vos deixamos un exemplo do moito que disfrutaron os nenos de 1º de primaria

lunes, 15 de octubre de 2018

DÍAS DAS ESCRITORAS 2018

A Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM) organizan por tercer ano consecutivo o Día das Escritoras, que terá lugar el próximo 15 de octubre, esta vez  co tema “Rebeldes y transgresoras”.

Deixámosvos un enlace da Biblioteca Pública de Lugo, onde nos amosan unha presentación coas mulleres mais rebeldes e transgresoras que escolleron para este ano

Dende o Equipo de Biblioteca, deixámosvos un texto de María Victoria Moreno, que o relacionamos co noso proxecto MULLERES QUE CONTARON



TAREFAS DOS COLABORADORES E COLABORADORAS

Os colaboradores e  colaboradoras da biblioteca das palabras máxicas,este ano son os alumnos e alumnas de 6º de primaria.
O equipo de biblioteca fíxolle entrega dunha axenda para que anotaran as súas tarefas...e xa comenzaron a traballar nelas!!!




jueves, 11 de octubre de 2018

EXPOSICIÓN "OS COLABORADORES E COLABORADORAS RECOMENDAN"

Durante o mes de Outubro os colaboradores e colaboradoras prepararon unha exposición sobre recomendacións de CONTOS DE MEDO!!!
Asique se estades indecisos sobre que conto ler, ahí tedes as recomendacións do mes de outubro



COMENZAMOS COS PRÉSTAMOS DE LECTURA

Despois da formación de usuarios sobre a utilización do programa Meiga, comenzamos con todo o alumnado cos préstamos na nosa Biblioteca!!
Este ano o proxecto da Biblioteca titúlase MULLERES QUE CONTARON!!
Aquí vos deixamos os nosos marcadores que o noso alumnado emprega para a colocación dos seus préstamos

CONCURSO DE DEBUXO DE SAMAÍN

A Biblioteca das Palabras Máxicas  convoca o noso alumnado a participar no CONCURSO DE DEBUXO DE SAMAÍN!!!!
Esperamos os vosos debuxos que decorarán a nosa entrada!!!!!!



martes, 9 de octubre de 2018

MOSTRA SOBRE A LINGUA. A Estrada

          O pasado 3 de outubro, o alumnado de 4º 5º e 6º  de Primaria, achegáronse ata A  Estrada para participar  na mostra sobre a lingua.
         



A mostra propón un percorrido participativo pola riqueza do idioma galego a través duns personaxes que os nenos/as coñecen e identifican plenamente coa lingua propia: Os Bolechas. Ademais de didáctica, a proposta é inclusiva e multisensorial para dar resposta ás necesidades de todas as persoas. 

   Ademais a mostra contempla materiais de apoio e complementarios, como un caderno de actividades e un libro aventura dos Bolechas sobre as variedades dialectais do galego, que complementan e serven de repaso de todo o visto e vivido no percorrido expositivo.