Aproveitando que onte foi o DÍA DO LIBRO 📚, aquí vos deixamos as novidades plurilingües que van chegando a nosa biblioteca, que de seguro o alumnado as disfrutarán moitísimo!
miércoles, 24 de abril de 2024
NOVEDADES BIBLIOTECA
DÍA DO LIBRO
Onte con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, recibimos a visita de ROSALÍA MORLÁN .
Rosalía vén de escribir un libro titulado "Cando o avó esqueceu o meu nome". Explicounos que para escribir, as primeiras letras que aprendemos cando somos cativiños son as vogais, e fíxonos esta poesía tan fermosa
https://drive.google.com/file/d/1-M7NUOwdVfI8J6ed-2IKQ-zsuGmoPjcJ/view?usp=sharing
Tamén nos presentou ó monstruo do alzheimer, e as armas que temos para combatilo
domingo, 7 de abril de 2024
PARTICIPAMOS NA PRESENTACIÓN DO LIBRO "NO BICO DO VENTO" DA ESCRITORA CHARO GOLMAR
O pasado xoves, dúas alumnas do centro, Silvia e Iria, acudiron á presentación do libro da escritora lalinense Charo Golmar, titulado No bico do vento. Xunto con alumnos e alumnas doutros colexios da Estrada, recitaron algún dos poemas recollidos neste novo libro da poetisa.
A través destas actividades, participamos activamente e de xeito directo, na vida cultural do noso concello.
VISITA Ó PAZO DE OCA
Para concluír o segundo trimestre realizamos unha saída ó Pazo de Oca. Aproveitando o bo tempo, fixemos unha andaina ata o pazo, para visitar tanto o edificio, como os seus impresionantes xardíns.
Para rematar a visitar, os nenos e nenas participaron nun divertido xogo que consistía na pescuda de ovos de Pascua.
A continuación, amosamos algunhas das fotografías desta entretida xornada.
miércoles, 3 de abril de 2024
LET'S GO SHOPPING!
Os alumnos e alumnas de sexto puxeron en práctica, a través destes role playing, todo o aprendido en inglés durante a unidade Let's go shopping.
Animámosvos a ver estas divertidas representacións!
miércoles, 20 de marzo de 2024
RECIBIMOS A VISITA DE SUSA HERRERA
Durante a xornada de hoxe recibimos a visita de Susa Herrena. Esta recoñecida autora visitou o noso centro co propósito de presentarnos a súa obra En Cabárceno rugidos y canciones. A través das cancións recollidas neste libro, das que todo o alumnado participou, bailando e cantando, fixo un percorrido polos diferentes sons e fauna dos cinco continentes.
Encantounos a visita!
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS
O pasado venres entregamos os diplomas aos gañadores do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas organizado por Dinamizaestrada. Estes textos serán recollidos nuns exemplares que pronto sairán á luz!
Dende a biblioteca queremos dar a
noraboa a todos os participantes!
miércoles, 13 de marzo de 2024
8 M: Día Internacional da Muller
O pasado 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller. Para celebrar dita conmemoración, os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria, fixeron varias exposicións nas que presentaron a mulleres referentes en distintos ámbitos como Isabel Zendal, Concepción Arenal, Margarita Salas ou Rita Levi, entre outras.
A partir destas presentacións todo o alumnado puido coñecer os logros destas grandes profesionais.
jueves, 29 de febrero de 2024
DÍA DE ROSALÍA
Como ben sabedes, o pasado venres, 23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar dita celebración, dende o centro, realizáronse varias actividades.
Por unha parte, dous alumnos de quinto, Saleta
e Mario, acudiron ao Teatro da Estrada para participar no recitado de poemas de
Rosalía, xunto con estudantes doutros centros do concello. O poema elixido polo
noso alumnado, nesta ocasión, foi Campanas de Bastabales.
jueves, 22 de febrero de 2024
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Co motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia recibimos na nosa biblioteca a Dilia Martínez. Trátase dunha médico de emerxencias que acudiu ao noso centro para contarnos en que consiste o seu incrible traballo, posto que non se trata dunha sanitaria común. A nosa convidada viaxa por todo o mundo exercendo a súa profesión, Mozambique ou A Antártida, son só dous exemplos da multitude de lugares que coñeceu grazas ao seu traballo. Estes viaxes permitíronlle coñecer a fauna de cada país, sendo este un dos aspectos que máis chamou a atención do noso alumnado.
Encantounos coñecer a súa motivadora historia!
jueves, 15 de febrero de 2024
CELEBRAMOS O ENTROIDO
Chegou Febreiro e con el o esperado Entroido!E que mellor maneira de festexalo que disfrazándonos tódolos días?
A comezos de semana, foi o Meco o encargado de
dar ordes relacionadas co proxecto do cole, “A volta ao mundo”, dando as
indicacións dos complementos que
deberíamos traer de luns a mércores.
O xoves, e tamén relacionado co proxecto, en
concreto, ca temática mariña, os diferentes cursos, amosamos as orixinais vestimentas
que se foran creando en cada aula ó longo deste mes. Así, os máis cativos de
Infantil vestíronse de mariñeiros, 1º e 2º de gondoleiros, 3º e 4º foron de
piratas, mentres 5º se disfrazou de viquingos e , por último, os alumnos e
alumnas de 6º convertéronse nos reis do mar, sereas, cangrexos e cigalas.