cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 25 de mayo de 2016

ENCONTROS CO AUTOR: MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

 O día 19 de maio tivemos a sorte de ter no noso centro a MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ, autor de libros que tanto nos gustan como "A NENA Á QUE NON LLE DEIXABAN SER FELIZ", "O CULLARAPO CROQUE", "O SOÑO DE ESTHER" E "O VALENTE COELLO QUE QUIXO SOÑAR".

Pasámolo en grande ao seu lado, escoitando historias, aprendendo como é o proceso de facer un libro pero sobre todo ... descubrindo o importante que son os nosos SOÑOS e que sempre temos que ter a valentía de perseguilos ata acadalos!



MOITAS GRAZAS MIGUEL POR COMPARTIR CON NÓS UN DÍA INESQUECIBLE!!!

















martes, 19 de abril de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS E MERCADO DE LIBROS

Que ben senta que nos conten un conto, verdade??? Na nosa biblioteca somos bos coñecedores disto, por iso este ano, para celebrar a SEMANA DO LIBRO, imos participar nunhas sesións de LECTURAS COMPARTIDAS ....
Ademáis, tamén teremos un MERCADO DE LIBROS (xoves e venres)!!!
ÚNETE Á FESTA DOS LIBROS!!!






MIRADE QUE MURAL MÁIS FERMOSO FIXERON OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS COA SÚA PROFE KIKA!!! A QUE LLES QUEDOU MOI BEN?? QUE FORMA MÁIS BONITA DE LEMBRARNOS DESTES DÍAS !!!








E saímos no xornal:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2016/04/22/dia-libro-colegio-oca/0003_201604D22C11996.htm


http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/04/22/aventuras-fuera-libro/1446574.html



III CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS

Xa temos os gañadores/as do noso centro do Concurso de Micropoemas e microrrelatos ...

- MIGUEL ANXO
- XIÁN
- HUGO
-XULIÁN
- ANTÍA
-DIEGO

NORABOA AOS GAÑADORES E GAÑADORAS PERO TAMÉN NORABOA A TODOS OS /AS QUE PARTICIPARON!!!

QUEREMOS FACER TAMÉN UNHA MENCIÓN ESPECIAL A MARÍA (3 ANOS) E UXÍA (5 ANOS) QUE FORON AS GAÑADORAS DAS ILUSTRACIÓNS !!!


martes, 5 de abril de 2016

HOXE OS XOGOS OLÍMPICOS ESTÁN DE ANIVERSARIO!!!

Hoxe fai 120 anos dos primeiros XOGOS OLÍMPICOS modernos!! Celebráronse en Grecia e participaron 241 atletas masculinos (non houbo participación feminina) de 14 países. Celebráronse no Estadio Panathinaikó.
Desde entón, cada catro anos, deportistas de todos os países reúnense para competir entre eles.


CERIMONIA DE APERTURA DOS PRIMEIROS XOGOS OLÍMPICOS MODERNOS




LEMBRANZA DE GOOGLE AO 120 ANIVERSARIO
120.º aniversario de los primeros Juegos Olímpicos modernos

miércoles, 9 de marzo de 2016

ÉRASE UNHA VEZ (febreiro)

No mes de febreiro tivemos moitas visitas: Susana , a nai de Xulia, contounos " El erizo se va de casa", Mónica e Manolo, os pais de María contáronnos "Los 5 guisantes" e despois viñeron Pura e Isa, as mamás de Marta e Xiana para contarnos "Amelia quere un can".





ÉRASE UNHA VEZ (xaneiro)

En xaneiro tivemos a visita da mamá de Marcos, Raquel que nos contou uns contos das aventuras da PATRULLA CANINA e a Fina, a nai de Santi, que contou "Yo quiero estar enfermo".






jueves, 25 de febrero de 2016

HOMENAXE A ROSALÍA

O DÍA 24 DE FEBREIRO PARTICIPAMOS NA HOMENAXE A ROSALÍA ORGANIZADA POLO CONCELLO.
OS NOSOS REPRESENTANTES FORON DOUS NENOS DE 6º QUE O FIXERON MOI BEN!!
O ACTO CELEBROUSE NO MUSEO MOME ÁS 20:00H LA VOZ DE GALICIA: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/a-estrada/2016/02/19/estrada-celebra-dia-rosalia-recital-actuacion-cantar-mares/0003_201602D19C5996.htm Os actos que se organizaron nalgúns concellos de Galicia, faise mención tamén ao noso concello: http://www.aelg.org/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2016/2/24/dia-de-rosalia-de-castro-2016

miércoles, 17 de febrero de 2016

SAÍDA A UN CENTRO HÍPICO



O día 11 de febreiro realizamos unha saída a Casas Novas (Arteixo). Esta saída está relacionada co noso proxecto "LECTURAS OLÍMPICAS" xa que fomos visitar un centro hípico e coñecer as distintas modalidades olímpicas.

















ENTROIDO 2016

MIRADE QUE ENTROIDO MÁIS OLÍMPICO ARGALLAMOS NESTE COLE. HABÍA PELOTAS DE FUTBOL (Ed. Infantil), piragüistcas (1º e 2º curso), nadadores  e nadadoras de sincronizada (3º curso), ciclistas (4º curso), boxeadoras e ximnastas (5º e 6º) ... ademais de pais e nais que tamén viñeron disfrazados con nós ... e por ter, ata tivemos medallas : OURO , PRATA E BRONCE!!!! e os AROS OLÍMPICOS!!!