cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA

Como ben sabedes, o pasado venres,  23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar dita celebración, dende o centro,  realizáronse varias actividades.

O alumnado de 5º realizou unha exposición da vida e obra de Rosalía.















Tamén demos a coñecer os finalistas do concurso de Micropoemas e Microrrelatos. Queremos dar a noraboa a  todos os participantes!

 




Por outra parte, todo o  alumnado de infantil, realizou unha actividade en  colaboración coas familias e,  mirade que Rosalías tan fermosas nos quedaron!



E ademais Isaac, Uxía e Erea  de 3º de Educación Primaria participaron no acto en homenaxe a Rosalía de Castro celebrado onte no Teatro Principal da Estrada, xunto con compañeiros e compañeiras doutros centros da Estrada.


 




 

Para rematar, queremos ensinarvos o videoclip publicado polo Concello da Estrada no que rinde homenaxe á matriarca das nosas Letras. Desta volta, quixeron facelo a través do pincel do artista multidisciplinar Cayetano Lledó, dunha fermosa elexía de Federico García Lorca escrita para a poeta padronesa un 29 de marzo de 1919 e coa cálida voz de Sheila Carbia. O talento do director estradense Lucas Terceiro foi quen de abrollar este fermoso caravel audiovisual que arrecende a melancolía, tristeza e solidariedade cos que máis sofren. 

Animámosvos a velo!

Pintor: Cayetano Lledó 

Recitadora: Sheila Carbia 

Directora de Produción: Paula Cereixo

Director: Lucas Terceiro

 



 


sábado, 26 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O mércores 23 de febreiro conmemoramos o día que naceu Rosalía de Castro, fai 185 anos.

Este é o primeiro ano que se celebra o día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro e non o 24. 
O cambio prodúcese despois de que a filóloga Sagrario Abelleira revelase documentación 
que acredita que a autora de Follas Novas e Cantares Gallegos tería nacido un día coma 
hoxe. 

Coincidindo con esta celebración, no centro fixemos varias actividades na súa honra.
O alumnado de Infantil participou na decoración da pancarta.
 

  Logo o alumnado de 1º. 2º e 3º leron unha pequena biografía e recitaron os primeiros
 versos de "Adiós ríos, adiós fontes" "

 
Por último todos xuntos, cantamos a canción "No bico un cantar" un poema de Curros 
Enríquez adicado a Rosalía de Castro. 
  

Pola tarde o Teatro Principal da Estrada,  acolleu un acto onde diferentes nenos e nenas 
dos centro educativos recitaron poemas  de Rosalía.
En representación do noso centro, acudiu Antón  alumno de 3º de primaria e María alumna 
de 4º de primaria. Xuntos recitaron  un poema do pomeario "A VOLTA AO LAR".


 
 Tamén se presentou o vídeo elaborado por Lucas Terceiro para o Departamento de cultura

 

viernes, 26 de febrero de 2021

LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO.

 Onte foron numerosas as actividades que se realizaron no centro en torno á figura de Rosalía de Castro.

O alumnado de Infantil, comenzou o proceso de ilustración coa lectura do poema "Has de cantar meniña gaiteira"


e logo colorearon a Rosalía


Os nenos/as de 1º de primaria  pintaron a Rosalía, na actividade E TI COMO VES A ROSALÍA?



Tamén os alumnos de  2º e 3º  , elaboraron un pequeno vídeo para conmemorar a Rosalía para participar na actividade da Asociación Vagalumes : FÁLANOS DE ROSALÍA. Todas as achegas poderanse ver na páxina www.tabeirosmontes.com












lunes, 2 de marzo de 2020

RECITADO POÉTICO ROSALÍA DE CASTRO

O pasado xoves, dous alumnos do centro: LOIS CANCELA FONTAO alumno de 4º de primaria e JAIME COUCEIRO SILVA alumno de 1º de primaria, participaron no Recitado poético homenaxeando a Rosalía de Castro. O acto tivo lugar no Teatro Principal, iniciouse cun recitado de poemas dos centros escolares da zona e logo presentouse un vídeo do realizador estradense Lucas Terceiro.






Aquí vos deixamos o fermoso vídeo, onde unha Rosalía moza abandona a súa casa  padronesa para adentrarse na paisaxe e na cultura estradense. No seu bico, o berro desesperado da soidade, o latexo abafante da emigración... Na nosa vila atopará a ollada cómplice de dous referentes do Rexurdimento, Avelina e Marcial; Marcial e Avelina Valladares; tres pioneiros repletos de compromiso, lingua e sensibilidade. Un ano máis, da man do realizador Lucas Terceiro e a música de Guadi Galego, o Concello da Estrada rende homenaxe, con este poema audiovisual á nai das nosas Letras.


https://www.youtube.com/watch?v=rmtp5xKPR0g



jueves, 27 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA. XOGOS TRADICIONAIS

O pasado venres conmemoramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.
Primeiro os colaboradores da biblioteca prepararon este recanto no corredor do centro, con bibliografía de Rosalía de Castro,  ilustraron o poema "Adiós ríos, adiós fontes"
 Logo na biblioteca do centro o alumnado de 5º e 6º realizaron unha presentación para todo o alumnado sobre a vida e obra da autora. Xa por últimos cantáronnos un poema escrito por Rosalía e musicalizado por Amancia Prada : Campanas de Bastabales


 Foi unha xornada solleira, onde tamén puidemos xogar cos xogos tradicionais cedidos pola Asociación Acuxuve de Vedra.




lunes, 25 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos no colexio o Día de Rosalía de Castro, muller pioneira e muller que contou moito, e sobre todo contou en galego.


O alumnado de infantil  fixo unha actividade que lle chamamos POEMA EN ROSA, que consistiu en elaborar unhas rosas cun poema de Rosalía de Castro.



Despois na biblioteca celebramos o acto central, onde elaboramos unha presentación e o alumnado de 3º e 4º fixeron unha cronoloxía da vida e obra rosaliana

Nesta presentación fixemos alusión a algunhas mulleres que foron pioneiras no seu tempo, como por exemplo a primeira condutora de camión, a primeira almirante ou mulleres tan coñecidas como María Pita ou as Marías de Santiago de Compostela.




Tamén vos deixamos a presentación onde explicamos en que consiste o noso proxecto sobre MULLERES PIONEIRAS e MULLERES QUE CONTARON




Por último o alumnado de 6º de Educación Primaria cantáronnos un rap co coñecido poema "Adiós ríos adiós fontes"