cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta río Ulla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta río Ulla. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de mayo de 2021

Actividade sobre a TRADICIÓN ORAL NA COMARCA DO ULLA.

 O pasado venres visitou a aula de 5º e 6º de primaria Isa, membro da Asociación Raiceiros de Vedra.

A actividade versou sobre a historia, a cultura e tradición oral que temos na Comarca do Ulla, como resultado dun traballo de investigación e de recollida de información sobre as coplas orais da contorna do Ulla.

Moitas grazas a Asociación Raiceiros e a Isa por traernos ao colexio esta actividade tan interesante!










jueves, 7 de noviembre de 2019

SAÍDA Á XIMONDE

O pasado venres día 25 fixemos unha saída ao Coto de Ximonde no río Ulla. Percorremos un tramo das sendas do río Ulla onde nos explicaron a fauna e a flora e analizamos parámetros da auga do río. Tamén asistimos unha charla cun garda no coto fluvial.





miércoles, 19 de junio de 2019

TALLER MEDIOAMBIENTAL; VIXIANTES DO RÍO ULLA

O pasado venres tivemos no centro uns talleres medioambientais para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de primaria,  a cargo da Asociación Raiceiros de Vedra. Dito taller foi para a concienciación e a importancia da reciclaxe en xeral e mais particularmente do río Ulla.






 Entregáronlle un caderno para ir cubrindo,e ao seu remate envialo á súa sede para que lles fagan un carnet de vixía do río Ulla.

miércoles, 27 de febrero de 2013

EXPOSICIÓN CONTORNA DO RÍO ULLA

Durante estas semanas pasadas os NOSO ALUMNOS/AS xunto coas SÚAS FAMILIAS  estiveron deseñando ás súas propias casas.
HOXE comezamos a exposición entorno ao RÍO ULLA, e todos os seus pequenos regatos.
Aquí podedes ver unha mostra de como está quedando.

MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!






 
 
Aquí podedes ver as casas máis en detalle:
 
 



VISTA "PANORÁMICA"



ADEMAIS OS NENOS E NENAS DE 2º CICLO ESTIVERON FACENDO UN TRABALLO INVESTIGADOR SOBRE OS USOS DA AUGA DO RÍO ULLA.
PRIMEIRO TIVERON QUE ENTREVISTAR AOS SEUS FAMILIARES, DESPOIS FACER UNHA POSTA EN COMÚN DE TODA A INFORMACIÓN RECOMPILADA E POR ÚLTIMO, ELABORAR ENTRE TODOS ESTE FANTÁSTICO MURAL.
NORABOA RAPACES E RAPAZAS!!!! COMO TRABALLADES!!!!