cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 20 de diciembre de 2019

Nadal en Oca parte 3

Onte xoves, celebramos o Festival de Nadal, foi un día cheo de nervos, de emocións e de encontro coas familias. Moitas gracias a todos por asisitir.














Nadal en Oca parte 2

Este ano celebramos o II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Estamos agradecidos pola vosa participación, esforzo e creatividade para a realización das mesmas.


Escollimos a postal elaborada por Lois Martínez Pita  alumno de 2º de educación primaria para a felicitación do Nadal á Comunidade Educativa

Escollimos a postal elaborada por Alba Moimenta Brey alumna de 5º de primaria para a portada das recomendacións lectoras elaborada polos centros da contorna.



Nadal en Oca parte 1

Este Nadal tivemos moitas actividades. Comezamos pola decoración do colexio:







O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria elaboramos unhas postais para enviarlle os nosos mellores desexos  aos avós e avoas da Residencia de Puentevea.
Estas foron as nosas postais que lles enviamos:


Estas son algunhas das postais que os nosos avós e avoas nos fixeron:









PLAN DE IGUALDADE

Onte tivemos a última actividade do plan de igualdade. Desta vez veunos visitar Caxoto para contarnos uns contos ben simpáticos e divertidos e promovedo no alumnado a igualdade entre nenos e nenas.





miércoles, 11 de diciembre de 2019

XOGADE

O pasado xoves 5 de decembro o alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria, participaron na actividade Xogade, unha carreira polo río Liñares.Noraboa aos gañadores!!
Así de ben o pasaron.




lunes, 2 de diciembre de 2019

XIV FESTA DA POESÍA

O pasado venres asistimos á entrega do XXIII edición do premio Avelina Valladares(poetisa estradense). Este ano o premio recaeu no vigués Ramón Sandoval. Presentou a súa obra baixo o lema Capricornio e o 1º título do seu poemario é NAS ESQUINAS DO FRÍO.
David Otero, Rosalía Morlán, Ana Cabaleiro e Esteban Folgar son os nomes que configuraron o xurado. Xunto con eles estivemos unha representación dos centros de ensino e asociacións estradenses para rendirlle homenaxe recitando un poema.



María Carballeda Alonso escolleu un poema de Neira Vilas titulado O VENTO.
Alba Moimenta Brey escolleu un poema da escritora María Xosé Lamas titulado O OUTONO