cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta videos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videos. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de febrero de 2015

PROXECTO: A ÁRBORE QUE POETIZA (POESÍA EN EDUCACIÓN INFANTIL)

Os nenos /as de Infantil están levando a cabo un fermoso proxecto titulado " A árbore que poetiza", onde traballan a poesía de poetas e poetisas galegos. Tamén teñen unha caixa ... "a caixa das palabras descoñecidas", e nela gardan todas as palabras que van aparecendo nos poemas que son novas para eles e así, amplían o seu vocabulario. Ademais en cada aula hai unha árbore da poesía, chea de versos e poetas/poetisas. E por se isto fóra pouco, tamén teñen unha caixa dos bicos, onde se gardan bicos tan xeitosos como un bico de mel, ou un bico de chocolate ...

Pero mellor que o conten eles/elas mesmos, non vos parece?







Tivemos a visita de Xosé Luna e Rosalía Morlán, que lles ensinaron a facer moita poesía!!!











... E asinaron no noso libro de visitas da Biblioteca das palabras máxicas



E ti, anímaste a ser un poeta?


martes, 26 de noviembre de 2013

VIDEOS SOBRE AGRICULTURA

Mirade que videos máis chulos están vendo os nenos e nenas de Infantil do noso cole?
... E contoume un paxariño que andan investigando sobre os tomates, chícharos e patacas ... que irán facer???






E aquí podedes ver fotos das súas investigacións:








jueves, 14 de noviembre de 2013

CHEGA O NADAL ...

E co Nadal chega o turrón e mazapán ... pero antes de comer estes doces, nós imos quentando as nosas gorxas para cantar esta bonita canción "HECHO CON TUS SUEÑOS" (Efecto Pasillo & Leire Martínez) que ademais é unha canción solidaria para este Nadal 2013.

Podedes ir practicando mirando este video xa que ten escrito a letra:





miércoles, 12 de junio de 2013

UN ANO EN IMAXES ...

Chega Xuño e con el un bo momento de facer balance dun ano de traballo co  proxecto "MERGÚLLATE NA LECTURA" ... e de feito mergullámonos e empapámosnos de actividades: Obras de teatro, cancións, conferencias, xogos, mercado de libros, mochilas viaxeiras, murais, investigacións, recomendacións lectoras ... E MOITO MÁIS que fan que a nosa biblioteca estea sempre chea de VIDA.

NO SEGUINTE VIDEO PODEDES VER UN RESUMO DUNHA PARTE DO QUE PASOU DURANTE ESTE ANO NA BIBLIOTECA!!!!!



MERGÚLLATE NA LECTURA ... UN ANO EN IMAXES on PhotoPeach

miércoles, 5 de junio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O 17 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍAS DAS LETRAS GALEGAS. O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO É: ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DURANTE TODA A SEMANA, NAS AULAS, ESTIVEMOS TRABALLANDO A SÚA FIGURA E COÑECENDO ALGUNHA DAS SÚAS OBRAS, HOXE, VIMOS NA BIBLIOTECA UN VIDEO SOBRE A SÚA VIDA E A SÚAS OBRAS.  
DESPOIS CANTAMOS EN KARAOKE ESTA CANCIÓN TAN DIVERTIDA SOBRE O GALEGO, TITULADA "MEU O MUNDO É". PODEDES ESCOITALA AQUÍ

DESPOIS FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A AUGA E TODO O QUE DURANTE ESTE CURSO TRABALLAMOS. 

  •  OS NENOS E NENAS DE 3º CICLO PREPARARON UN POWERPOINT SOBRE A CONTAMINACIÓN




  •  O ALUMNADO DE 1º CICLO EXPLICÁRONNOS O QUE APRENDERAN SOBRE A FLORA DO RÍO ULLA 


  • OS NENOS E NENAS DE 2º CICLO RECOMENDÁRONNOS CONSELLOS PARA AFORRAR AUGA E TAMÉN NON EXPLICARON OS USOS QUE TIÑA A AUGA DO RÍO ULLA 



  • O ALUMANDO DE INFANTIL ENSINOUNOS TODOS OS EXPERIMENTOS QUE FIXERAN 

miércoles, 8 de mayo de 2013

UNHA RAZÓN MÁIS PARA AFORRAR AUGA ...

Mirade este divertido video sobre o aforro da auga ... e tende coidado de que non vos pase igual que á rapaza!!!!!!



martes, 2 de abril de 2013

DÍA DA POESÍA --- EN TORNO A ROSALÍA

Hoxe rematamos o 2º trimestre e ... que mellor forma de rematalo que con unha boa lectura!!!
Celebramos o día da poesía ... primero a profe Ana,responsable do EDLN fíxonos unha fermosa presentación na biblioteca sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.



Tamén escoitamos cantar, nun video, a Lucía Pérez un poema de Rosalía:




Despois recitamos "ADIOS RÍOS ADIOS FONTES NA ENTRADA DO COLEXIO!

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 


 




















viernes, 8 de marzo de 2013

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Neste día un agasallo musical que acaba de saír á luz.




Aquí podes atopar máis información sobre esta preciosa iniciativa

http://song.unwomen.org/es

lunes, 5 de noviembre de 2012

FESTEXANDO HALLOWEEN E O MAGOSTO ...

O día 30 de novembro, festexamos o HALLOWEEN e o MAGOSTO.

Nese día fixemos moitas cousas.

Pola mañá, na biblioteca tivemos unha sesión de "CURTAS DE MEDO" onde puidemos ver " "The kingdom of witches" e despois asistir á enigmática historia de Vincent, creada por Tim Burton.







Pola tarde, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo disfrazáronse de momias, pantasmas, bruxas ... e foron polas aulas facendo o "TRICK OR TREAT" ... foi moi divertido, aínda que algún pequeno, levou un susto!!!!












A continuación,  fomos para o patio e fixemos xogos relacionados con castañas. Despois comemos as CASTAÑAS que ANTONIO preparou.
















Tamén viñeron as familias e ademais de degustar este froito típico do outono, tamén puideron asistir á EXPOSICIÓN DE CABAZAS que tiñamos na entrada do colexio.












AS FAMILIAS tamén visitaron a EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO, A  EXPOSICIÓN DE CONTOS DE MEDO e a DECORACIÓN que fixemos polos corredores!!!

















 E ATA SAÍMOS NO XORNAL 
http://www.catrogatos.com/2012/11/o-ceip-de-oca-celebra-o-seu-samain-e-magosto/
FOI UN DÍA QUE DEU PARA MOITO!!!!