cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 28 de mayo de 2018

VISITA DO ALUMNADO DE INFANTIL Á RESIDENCIA DE PONTEVEA

O venres día 25 o alumnado de infantil visitou as súas avoas e avós da Residencia de Pontevea. Tiveron unha maña moi divertida, presentáronse, coñeceron ós seus avós e avoas que no nadal lle fixeran un  agasallo. O noso alumnado cantoulle a canción de "MIÑA ABUELA MANUELA"e tamén tiveron tempo para xogar e visitar os animais que hai alí na residencia.
 Este foi o agasallo que lle levamos para que se acordaran da nosa visita



CONTOS DE SOFÁ: UNHA VIAXE POLO MUNDO

O pasado xoves visitounos a profe Bea para contarnos a súa viaxe polo mundo xunto coa súa amiga Anuska. Moitas gracias Bea








V FESTA DAS PALABRAS

O pasado 23 de maio celebrouse no Teatro Principal da Estrada a FESTA DAS PALABRAS. O colecivo "DinamizEstrada" formado polos equipos de Dinamización da lingua galega dos centros da Estrada organizaron para este curso escolar o certame de micropoemas e microrelatos sobre dúas palabras relevantes sobre a protagonista do día das Letras Galegas: mar e faiado.
A madriña do acto foi Paula Carballeira, e participou o profesorado de todos os centros e representantes das ANPAS na entrega de premios.













 Agasallaron cun caravel branco e un libro
 Estes foron os presentadores
Estas foron as palabras de Paula Carballeira despois do acto

viernes, 18 de mayo de 2018

ENTREGA DE DIPLOMAS E PREMIOS CONCURSO LETRAS GALEGAS 2018

Hoxe entregamos os diplomas para todos os participantes e os premios do concurso de debuxo da caricatura de María Victoria Moreno.

O xurado  deste concurso foi o Equipo de Normalización xunto co Equipo de Biblioteca e despois da súa deliberación decideu que os gañadores foran os seguintes:

- Julia Canicoba : 1º ciclo
- María Martínes: 2º ciclo
- Ángel González: 3º ciclo

Noraboa a todos os participantes e como non aos premiados!!!













miércoles, 16 de mayo de 2018

DEBUXOS PARA O CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS 2018

Esta é unha mostra dos debuxos que o alumnado de primaria do centro fixo sobre MARÍA VICTORIA MORENO.
O xurado ten unha difícil decisión.
Os premios para os gañadores e os diplomas de participación entregaranse o venres día 18 ó remate do recreo.










lunes, 14 de mayo de 2018

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

O pasado venres, o colexio de Oca participou na xornada de convivencia que o alumnado e profesorado do Ceip Ramón  de Valenzuela tiña preparado en Bandeira para nós.
Foi unha maña xenial, con numerosas actividades: con música, con teatro, globoflexia, chapas, pintura de caras, xogos tradicionais... Para a merenda tíñannos preparado un chocolate con churros e postres caseiros...
Moitisimas gracias a organización e a fantástica xornada da que nos fixestes participar!!!!