cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO O CAMIÑO DE SANTIAGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO O CAMIÑO DE SANTIAGO. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de mayo de 2022

Dinamiza TV

Xa podemos ver o fantástico traballo dos centros da Estrada para incentivar o uso do galego.

Os centros de ensino amosaron os seus dotes xornalísticos nesta xeira de noticieiros programados polo Concello da Estrada e Dinamizaestrada .

Iremos colgando todos os vídeos que irán publicando ao longo da semana. Hoxe visualizamos en primicia o vídeo do noso centro.





IES GARCÍA BARROS  https://www.youtube.com/watch?v=uIxxgOFHRWo 

CEIP PLURILINGÜE DE OCA  https://www.youtube.com/watch?v=iPb_kdFVm10

CEIP PÉREZ VIONDI https://www.youtube.com/watch?v=E2ymLGVqh64

CEIP FIGUEIROA https://www.youtube.com/watch?v=j3KwzYcJgi8 

IES Nº1 https://www.youtube.com/watch?v=oOkIUgfX0BU

 

martes, 25 de enero de 2022

ANO NOVO...PROXECTO NOVO!!

 Prezadas familias, co inicio do 2º trimestre damos por comezo o proxecto de centro deste curso.

   A temática elexida foi: “ OS CAMIÑOS QUE CONTAN” (2º parte)-O CAMIÑO MIÑOTO RIBEIRO.

    O camiño Miñoto-Ribeiro, unha antiga ruta de peregrinación que enlazaba  o Norte de Portugal a Santiago de Compostela.

   A ruta discorre na nosa comunidade polos concellos de: Lobios, Entrimo, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, A Arnoia, Ribadavia, Beade, Leiro, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada( O NOSO CONCELLO), Vedra (LIMÍTROFE CONNOSCO) e Santiago de Compostela.

      O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos devanceiros que enlazaban o norte de Portugal con Compostela, sendo por natureza, eixe dinamizador dunha contorna, da nosa contorna. O programa “Camiño Miñoto Ribeiro” (CMR) nace para dar continuidade ao labor emprendido polo CEIP Plurilingüe de Oca durante o curso 2020-2021 arredor do Camiño de Santiago e da Vía da Prata. Con este programa, deseñado para o curso 2021-2022, amais preténdese relacionar o “fenómeno xacobeo” cos elementos da identidade miñota: historia, natureza, termalismo e viño.

 

Coa colaboración de Rubén, de Patrimonia de Vedra, o alumnado de 3º, 4 e 6º tivo hoxe a primeira sesión. O luns será a quenda do alumnado de Infantil, 1º e 2º.

 
























👉https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2022/01/30/colegio-oca-descubre-camino-minoto-62107404.html

jueves, 1 de abril de 2021

Actividades no centro. PRESENTACIÓN PROXECTO O CAMIÑO DE SANTIAGO.

  Ademais de colaborar no pintado do mural, os alumnos de 6º fixeron a presentación sobre o PROXECTO O CAMIÑO DE SANTIAGO.

Trátase do proxecto escollido polo equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto coa biblioteca do centro. Este proxecto terá unha duración de dous cursos académicos, e por aulas iremos investigando, traballando, aprendedo sobre o Camiño de Santiago coincidindo co ano xacobeo.

Fixéronno por clases e adaptaron a presentación para cada unha das aulas  do centro.








 E xa para rematar a mañá, por aulas fixeron o xogo da  búsqueda do ovo, que consistía en atopar  nas zonas establecidas unhas bolas escondidas que logo canxearon por ovos de Pascua.