cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 Dende hai nove anos o Concello da Estrada conmemora o 23 de febreiro como Día de Rosalía cun acto público para celebrar o aniversario do nacemento desta escritora, referente universal da cultura galega. Neste 2026  os alumnos de catro escolas infantís estradenses  protagonizan este vídeo, apostando por incorporar este segmento poboacional tan novo no legado e tributo que se lle rende á autora de Cantares gallegos. 

 Os actos do Día de Rosalía na Estrada desenvolveranse este ano o propio 23 de febreiro. Deste xeito, o Teatro Principal acolleu hoxe un evento aberto ao que están convidados os dez centros educativos de primaria e secundaria e a actividade consitiu no recitado de dous poemas de Rosalía .

En representación do noso centro acudiron Uxía, Erea e Lía 

 

 

 

No colexio tamén fixemos moitas actividades para recordar a Rosalía, o alumnado de Educación Infantil fixo unha saída aproveitando o día solleiro e recolleron flores para a nosa poetisa

Fixeron unha composición xa que a natureza e as flores aparecen en numerosas ocasións nos seus versos.


 Ao igual que o alumnado de 1º e 2º traballaron a biografía de Rosalía nunha flor.

 

O alumnado de 5º de Educación Primaria fixo unha lectura dun fragmento elaborado por Xosé Luna titulado "Abride esa fiestra que quero ver o mar"

E por último o alumnado de Primaria na materia de Educación Plástica fixeron esta fermosa composición de POP-ART


 

jueves, 29 de mayo de 2025

XII FESTA DAS PALABRAS

O teatro Principal da Estrada acolleu este mércores a XII Festa das Palabras, que lle puxo o ramo á duodécima edición do concurso de micropoemas e microrrelatos organizado por Dinamizaestrada que promove o uso da lingua galega a través da creación literaria do alumnado de tódolos centros educativos do municipio. Un total de 62 novos autores recolleron o mellor premio: un volume que reúne todas as composicións gañadoras.

 O acto foi conducido por Lara Rey Rosende e Iker Recio Matalobos, dous alumnos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, quen foron os encargados de presentar a madriña desta edición, Susana Sánchez Aríns. Tamén presentaron ao grupo musical estradense O Regueiriño de Lamas, o cal actuou en tres ocasións con temas populares en homenaxe ás cantareiras, e por último, presentaron ao xurado encargado de premiar aos diferentes gañadores en tódalas categorías dos premios de micropoemas e microrrelatos.

Na categoría de micropoemas, os participantes tiñan que crear una pequena obra ca palabra «pobo» incluída, mentres que nos microrrelatos, a palabra escollida durante o curso polos propios estudantes foi «pandeireta».


 








 

jueves, 9 de enero de 2025

VII Mostra de teatro escolar Olimpio Arca Caldas

A  Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo da conmemoración do aniversario de  Olimpio Arca Caldas e dentro do seu compromiso coa continuidade do seu labor de renovación pedagóxica e dinamización cultural, presentamron a VII Mostra de Teatro Escolar  que leva o nome do homenaxeado. 

As xornadas celebráronse no Teatro Principal da Estrada durante os días 26 e 27 de novembro ás 18:30 h, co seguinte programa:

Martes,  26 de novembro, ás 18:30 h:
  • CEIP do Foxo: "Xoana a sombra bulebule"
  • CEIP Figueiroa: “Bailamos ?”
  • CEIP Villar Paramá: “FERMOSA”.
  • CEIP Oca: "O Mago de Oca"
  • IES Avelina Valladares: - “O Tesouro do Castro”.

Mércores, 27 de novembro, ás 18:30 h:
  • CEIP Cabada Vázquez: "Porque o valgho eu!"
  • CEIP Pérez Viondi: “ A bolboreta Arlequina”
  • IES Antón Losada Diéguez: "A vida é un cásting"
  • IES Manuel García Barros: "Wombo Combo"

Sen dúbida, o teatro na escola é unha actividade moi importante para o desenvolvemento persoal e emocional do alumnado, idóneo para mellorar a  capacidade comunicativa, para fomentar actitudes solidarias e de traballo cooperativo, para incrementar a creatividade e o sentido estético, para mellorar a integración no grupo e ao mesmo tempo avanzar na autonomía persoal... 


miércoles, 19 de junio de 2024

A VENDEDORA DE FUME

 Hoxe tivemos na biblioteca a preestrea dun novo espectáculo, unha obra teatral a cargo de Cristina Collazo titulada" A vendedora de fume". Unha obra en homenaxe a  Manuel Otero Espiño.










domingo, 3 de diciembre de 2023

MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA CALDAS

Co gallo da celebración da  VI edición da mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca, o alumnado de sexto de Educación Primaria,  acudiu este martes ó teatro da Estrada para representar a obra A viaxe de Farrapos de Carlos Labraña.
Xunto con compañeiros e compañeiras doutros centros e familiares, disfrutaron dunha magnífica tarde, onde representacións de diferentes temáticas foron as protagonistas. 
Ademais, no noso caso, tivemos un espectador de luxo, pois contamos co autor da obra entre o público, quen nos acompañou durante toda a tarde. 



Podedes ver todas as imaxes clicando aquí.

Por último, o alumnado puido desfrutar dunha merenda para poñer fin a esta divertida e estimulante tarde.


 

lunes, 5 de diciembre de 2022

V MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR

 O pasado martes o alumnado de 4º e 5º participou na V Mostra de teatro escolar "Olimpio Arca Caldas".
Tivo lugar no Teatro Principal da Estrada e xunto con outros centros da contorna, o noso alumnado representou "A BERENGUELA" unha pequena obra de Manuel María.

 


 

miércoles, 2 de junio de 2021

VIII FESTA DAS PALABRAS

 O teatro Principal da Estrada acolleu onte unha Festa das Palabras adaptada á situación de crise sanitaria. Non puideron asistir os 62 premiados da oitava edición do concurso de micropoemas e microrrelatos organizado por Dinamizaestrada, pero si se fixo unha entrega simbólica de premios, igual ca o ano pasado. A profesora Cruz Buján abreu o acto en representación do colectivo Dinamizaestrada, que aglutina aos equipos de dinamización do galego dos centros educativos locais. 

O padriño do acto foi o escritor Xosé Luna. En representación de cada centro escolar subiron ao escenario un profesor e un alumno, en nome de todos os premiados.En representación do noso centro foi Lucía Couto Taboada alumna de 5º e unha das gañadoras deste ano.

Todos eles terán como agasallo un libro editado cos 62 textos gañadores, limiar de Xosé Luna e 14 ilustracións de rapaces de Infantil.

No noso centro realizaremos un pequeno acto nos vindeiros días  e agasallando a cada neno/a co libro da festas das palabras.


 




lunes, 2 de marzo de 2020

RECITADO POÉTICO ROSALÍA DE CASTRO

O pasado xoves, dous alumnos do centro: LOIS CANCELA FONTAO alumno de 4º de primaria e JAIME COUCEIRO SILVA alumno de 1º de primaria, participaron no Recitado poético homenaxeando a Rosalía de Castro. O acto tivo lugar no Teatro Principal, iniciouse cun recitado de poemas dos centros escolares da zona e logo presentouse un vídeo do realizador estradense Lucas Terceiro.






Aquí vos deixamos o fermoso vídeo, onde unha Rosalía moza abandona a súa casa  padronesa para adentrarse na paisaxe e na cultura estradense. No seu bico, o berro desesperado da soidade, o latexo abafante da emigración... Na nosa vila atopará a ollada cómplice de dous referentes do Rexurdimento, Avelina e Marcial; Marcial e Avelina Valladares; tres pioneiros repletos de compromiso, lingua e sensibilidade. Un ano máis, da man do realizador Lucas Terceiro e a música de Guadi Galego, o Concello da Estrada rende homenaxe, con este poema audiovisual á nai das nosas Letras.


https://www.youtube.com/watch?v=rmtp5xKPR0g



lunes, 2 de diciembre de 2019

XIV FESTA DA POESÍA

O pasado venres asistimos á entrega do XXIII edición do premio Avelina Valladares(poetisa estradense). Este ano o premio recaeu no vigués Ramón Sandoval. Presentou a súa obra baixo o lema Capricornio e o 1º título do seu poemario é NAS ESQUINAS DO FRÍO.
David Otero, Rosalía Morlán, Ana Cabaleiro e Esteban Folgar son os nomes que configuraron o xurado. Xunto con eles estivemos unha representación dos centros de ensino e asociacións estradenses para rendirlle homenaxe recitando un poema.



María Carballeda Alonso escolleu un poema de Neira Vilas titulado O VENTO.
Alba Moimenta Brey escolleu un poema da escritora María Xosé Lamas titulado O OUTONO



lunes, 25 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A

Hoxe é 25 de Novembro, unha data para recordar pero tamén unha data para rexeitar todo tipo de violencia.
O alumnado do centro elaborou este cartaz
Pola tarde, teremos unha representación a cargo de A XANELA DO MAXÍN poñendo en escena o conto Ú-LA LÚA?Unha proposta escénica dixirida a todo o alumnado, onde os valores como a tenrura, o respeto ou a solidaridade cobran importancia para levarnos a un mundo onde A VIOLENCIA NON TEN CABIDA e a ilusión fai dos soños unha realidade.






viernes, 31 de mayo de 2019

VI FESTA DAS PALABRAS

     O próximo 4 de xuño, os escritores máis pequenos da vila recibirán os premios do VI concurso de microrrelatos e micropoemas da Festa das Palabras. A entrega de premios comezará ás 20:00 horas no Teatro Principal e os gañadores recibirán un exemplar do libro que conterá os textos gañadores e un caravel branco.

    Os exemplares do libro conterán os textos dos 61, saídos das diferentes categorías e centros implicados gañadores desta edición, ademais de 14 ilustracións realizadas polos alumnos de primaria e infantil dos sete colexios participantes




http://www.aestrada.gal/index.php/gl/43-news/novas/5547-os-pequenos-escritores-da-vila-seran-premiados-o-martes-na-festa-das-palabras














Aquí vos deixamos as fotos da festa das palabras, un fermoso acto coa escritora LEDICIA COSTAS como madriña e acompañados pola música do grupo de música tradicional Decotío