cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO, LECTURAS COMPARTIDAS

 A lectura é un dos aspectos máis importantes no proceso de aprendizaxe, e por iso hoxe o alumnado  realizou unha actividade de parellas compartidas cos cativos e cativas do colexio.

Os alumnos e alumnas  previamente escolleron e traballaron  un conto para contarlles aos pequechiños co cole. Durante o momento lector creouse un clima maravilloso onde o benestar de todos os nenos e nenas foi palpable, favorecendo así unha maior interacción social entre eles así como a mellorar habilidades lingüísticas.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que momento máis fermoso!😍








 

miércoles, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 Onte con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, recibimos a visita de ROSALÍA MORLÁN .


 

Rosalía vén de escribir un libro titulado "Cando o avó esqueceu o meu nome". Explicounos que para escribir, as primeiras letras que aprendemos cando somos cativiños son as vogais, e fíxonos esta poesía tan fermosa 

https://drive.google.com/file/d/1-M7NUOwdVfI8J6ed-2IKQ-zsuGmoPjcJ/view?usp=sharing


Tamén nos presentou ó  monstruo do alzheimer, e as armas que temos para combatilo



 










 
E xa por último agasallounos con esta fermosa poesía que quedará  exposta na nosa biblioteca.
 
Grazas Rosalía pola túa visita e pola túa sensibilidade que tanto nos emocionou !



 




lunes, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO, LECTURAS COMPARTIDAS

 Seguimos coas actividades do DÍA DO LIBRO.

Hoxe foi o turno das lecturas compartidas, onde os mais maiores escolleron un fermoso conto para os máis pequenos.


 


martes, 3 de mayo de 2022

CAMIÑANDO CAMIÑANDO...NA BIBLIOTECA "MANUEL OTERO ESPIÑO"

 Hoxe tivemos o inmenso pracer de que nos visitase Xosé Luna Sanmartín, que ademais de mestre, é escritor.

Visitou a nosa biblioteca para presentar o seu libro CAMIÑANDO CAMIÑANDO










Pero ademais bailamos, cantamos e pasamos uns deses momentos que quedarán na nosa memoria.


 

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º recitaron uns poemas que podemos atopar neste libro.


 

 E por último 4º e 6º  musicalizaron un poema titulado "A BEIRA DO MAR"



 



viernes, 29 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Con motivo do DÍA DO LIBRO, estas foron algunhas das actividades que levamos a cabo no centro.

👉Actualización do recanto Miroleo recomenda...



👉LECTURAS COMPARTIDAS, aproveitando unha mañán solleira, retomamos a actividade das lecturas compartidas.

 

👉DECORACIÓN DE BOLSAS PARA AGASALLAR AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO COLEXIO CUN LIBRO E UN MARCAPÁXINAS

 


 💥VISITA DE XOSÉ LUNA O MARTES 3 DE MAIO NA PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO

 "CAMIÑANDO CAMIÑANDO"  NA BIBLIOTECA "MANUEL OTERO ESPIÑO".


 


jueves, 22 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

 Con motivo do día do libro, o venres 23 de abril foron moitas as actividades que levamos a cabo ao longo da xornada.

Os nenos/as de Educación Infantil, foron por un día uns fantásticos contacontos e contáronnos os seus libros favoritos.






E como non podía ser doutro xeito, a nosa mascota Miroleo fíxolle entrega a cada neno/a dun diploma


 O luns 26 de abril, a actividade central para celebrar o Día do Libro foi a visita de Charo Golmar e Amalia López"Luchi" para presentarnos o seu libro "Nobelo de luz" .


 

Moitísimas grazas pola vosa visita, polo voso agarimo, e por encher de luz os nosos corazóns!